Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Venres, 07 de marzo de 1997 Páx. 2.106

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 1997 pola que se anuncia, polo sistema de concurso aberto, as contratacións seguintes: catalogación de impresos anteriores a 1900 nas bibliotecas nodais de Pontevedra e Lugo; reconversión de catálogos manuais nas bibliotecas nodais de Ourense, Vigo e A Coruña; dixitalización de prensa antiga e traslado de rexistros a formato MARC nas bibliotecas nodais de Pontevedra e Lugo e impresión da revista O Correo da Unesco.

A Consellería de Cultura e Comunicación Social, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso, procedemento aberto, as contratacións seguintes:

-Catalogación de impresos anteriores a 1900 nas bibliotecas nodais de Pontevedra e Lugo.

Orzamento de licitación: seis millóns de pesetas (6.000.000 de ptas.) IVE incluído.

Prazo de execución: tres (3) meses.

Fianza provisional: non se esixe.

-Reconversión de catálogos manuais nas bibliotecas nodais de Ourense, Vigo e A Coruña.

Orzamento de licitación: dezasete millóns cincocentas mil pesetas (17.500.000 ptas.) IVE incluído.

Prazo de execución: tres (3) meses.

Clasificación do contratista: grupo III, subgrupo 3, categoría C.

Fianza provisional: non se esixe.

-Dixitalización de prensa antiga e traslado de rexistros a formato MARC nas bibliotecas nodais de Pontevedra e Lugo.

Orzamento de licitación: vinteoito millóns de pesetas (28.000.000 de ptas.) IVE incluído.

Prazo de execución: tres (3) meses.

Clasificación do contratista: grupo III, subgrupo 3, categoría D.

Fianza provisional: non se esixe.

-Impresión da revista O Correo da Unesco.

Orzamento de licitación: dez millóns oitocentas mil pesetas (10.800.000 ptas.) IVE incluído.

Prazo de execución: doce (12) meses.

Fianza provisional: 216.000 ptas.

Exposicións dos pregos: os pregos de prescricións técnicas e os pregos de cláusulas administrativas estarán de manifesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura e Comunicación Social, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, de 10 a 14 horas, e no teléfono (981) 58 89 38.

Prazo de presentación de proposicións: será de 26 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares, os licitadores que concorran a máis dunha obra, deberán presenta-la documentación para cada unha delas.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do décimo día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura e Comunicación Social.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

O importe do anuncio do presente concurso será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 1997.

P.D. (Orde do 24-6-1996 DOG nº 127, do 28)

José Mª Sánchez González

Secretario xeral da Consellería de Cultura e Comunicación Social

1635