Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Venres, 07 de marzo de 1997 Páx. 2.105

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 1997 pola que se anuncia, polo sistema de concurso aberto, trámite de urxencia, a contratación das seguintes subministracións: impresión de tres catálogos: Pontevedra-Vigo-Ferrol, para o proxecto Galicia Terra Única; impresión de tres catálogos: A Coruña-Ourense-Santiago, para o proxecto Galicia Terra Única e impresión de tres catálogos: A Coruña-Escultura actual-Escultura CCAA Camiño de Santiago, Galicia Terra Única.

A Consellería de Cultura e Comunicación Social, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso, procedemento aberto, trámite de urxencia, a contratación das seguintes subministracións:

-Impresión de tres catálogos: Pontevedra-Vigo-Ferrol, para o proxecto Galicia Terra Única.

Orzamento de licitación: seis millóns novecentas mil pesetas (6.900.000 ptas.) IVE incluído.

Prazo de execución: dous (2) meses, aténdose ós prazos establecidos no prego de prescricións técnicas.

Fianza provisional: 138.000 ptas.

-Impresión de tres catálogos: A Coruña-Ourense-Santiago, para o proxecto Galicia Terra Única.

Orzamento de licitación: seis millóns catrocentas cincuenta mil pesetas (6.450.000 ptas.) IVE incluído.

Prazo de execución: dous (2) meses, aténdose ós prazos establecidos no prego de prescricións técnicas.

Fianza provisional: 129.000 ptas.

-Impresión de tres catálogos: A Coruña-Escultura actual-Escultura CCAA Camiño de Santiago-Galicia Terra Única.

Orzamento de licitación: seis millóns seiscentas cincuenta mil pesetas (6.650.000 ptas.) IVE incluído.

Prazo de execución: dous (2) meses aténdose ós prazos establecidos no prego de prescricións técnicas.

Fianza provisional: 133.000 ptas.

Exposicións dos pregos: os pregos de prescricións técnicas e os pregos de cláusulas administrativas estarán de manifesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura e Comunicación Social, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, de 10 a 14 horas, e no teléfono (981) 58 89 38.

Prazo de presentación de proposicións: será de 13 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares, os licitadores que concorran a máis dunha obra, deberán presenta-la documentación para cada unha delas.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura e Comunicación Social.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

O importe do anuncio do presente concurso será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 1997.

P.D. (Orde 24-6-1996, DOG nº 127, do 28)

José Mª Sánchez González

Secretario xeral da Consellería de Cultura e Comunicación Social

1623