A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Lugo fai saber que, por Resolución do 24 de xaneiro de 1997, foi outorgado o permiso de investigación Pizarras Prieto, número 5754, de 22 cuadrículas mineiras para recursos de lousa e outros de sección C, que se sitúa no concello de Samos, da provincia de Lugo.
O que se fai público para o seu coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería, do 25 de agosto de 1978.
Lugo, 29 de xaneiro de 1997.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
1495