Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Venres, 07 de marzo de 1997 Páx. 2.104

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

CÉDULA do 22 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña-Servicio de Consumo, pola que se notifica a iniciación do expediente sancionador 15/071/1996 en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro (BOE do 27), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a iniciación do expediente nº 15/071/96, por infracción en materia de defensa do consumidor.

O que se lle comunica ó interesado para que no prazo de 10 días hábiles contados a partir do seguinte ó desta notificación, efectúe as actuacións preliminares, a achega de cantas alegacións ou informacións considere convenientes e, se é o caso, a proposición e práctica de probas, advertíndolle ó interesado que lle queda posto de manifesto o expediente, e que, de non efectuar alegación ó contido do presente acordo de iniciación, este poderá ser considerado como proposta de resolución.

Expte.: 15-071/96.

Inculpado: Fotocolor, S.A.

Domicilio: Marqués de Amboage, 9-1º D A Coruña.

Motivos: irregularidades na prestación dun servicio.

Data de inicación: 13-11-1996.

A Coruña, 22 de xaneiro de 1997.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial do Instituto Galego de Consumo

1348