Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Venres, 07 de marzo de 1997 Páx. 2.103

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/13-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. San Caetano-Polígono do Tambre.

Situación: Santiago de Compostela.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV denominada Salgueiriños-Cernadas-Polígono do Tambre, que parte do C.T.C. Salgueiriños-Cernadas, pasando por C.T.C. Agriña, C.T.C. Magán, C.T. cemiterio de Boisaca e C.R. polígono do Tambre e final en liñas do polígono do Tambre Expte. 51849 e L.M.T. Santiago de Compostela-Ordes Expte. 29214 de 4.175 m de lonxitude en conductor R.H.V. de 3x240 mm Al de 12/20 kV. Reforma acoplamento L.M.T. aérea Santiago de Compostela-Ordes, con L.M.T. polígono do Tambre de 80 m de lonxitude a 20 kV en conductor LA-110, nas inmediacións da nave espina e delfín (polígono do Tambre). Reforma C.T. Magán, C.T. cemiterio de Boisaca e construcción, centro de reflexión de Boisaca. Concello de Santiago de Compostela.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 14 de febreiro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

97-1473