Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Venres, 07 de marzo de 1997 Páx. 2.103

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/192-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., subterránea A Grela-Pocomaco.

Situación: A Coruña.

Características técnicas: reforma L.M.T. a 15/20 kV, en dobre circuíto nunha lonxitude de 190 m da L.M.T. A Grela-Ponte Pasaxe no seu cruzamento ca L.M.T. Burgos 1 e 2 en conductor LA-110. L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 670 m de lonxitude en conductor R.H.V. de 20 kV e 240 mm de sección que parte da L.M.T. aérea A Grela-Ponte Pasaxe e final no bucle de Pocomaco. L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 670 m de lonxitude en conductor R.H.V. de 20 kV e 240 mm de sección en Al, que parte da L.M.T. aérea Burgos 1 e 2 e final no bucle de Pocomaco. Concello da Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 14 de febreiro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

97-1474