Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Venres, 07 de marzo de 1997 Páx. 2.095

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 1996, da Xefatura Provincial de Estradas da Coruña, pola que se sinala a data para o pagamento dos depósitos previos por prexuízo previo á ocupación dos bens afectados polas obras N/AC/91.3.2. acondicionamiento da estrada AC-450, treito: Bertamiráns-Negreira (termos municipais de Brión, Negreira e Ames).

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu apartado 2º a competencia da Comunidade Autónoma galega no desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras reseñadas no encabezamento da presente resolución atópanse incluidas no programa de obras a realizar con cargo ó programa 413-B construcción, conservación e explotación de estradas.

Por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de data 22 de xullo de 1996, aprobouse o correspondente proxecto de trazado.

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 26 de xullo de 1996, acordou declara-la utilidade pública das mencionadas obras e así mesmo, urxente a ocupación dos bens afectados por estas, para os efectos do establecido no artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, esta xefatura, en uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta nos taboleiros de anuncios dos concellos que a continuación se citan para que comparezan nos lugares, datas e horas que se detallan detallan para proceder ó pagamento dos depósitos previos por perxuízos determinantes da rápida ocupación, sen perxuízo de trasladarse ó lugar dos predios se se considera necesario.

* Concello de Brión.

Lugar: Casa Consistorial de Brión.

-Día 17 de marzo de 1997, das 10 ás 12 horas.

Desde o apelidos Álvarez Bargo a Viqueira Viqueria.

* Concello de Negreira.

Lugar: Casa Consistorial de Negreira.

-Día 18 de marzo de 1997, das 10 ás 12 horas.

Desde o apelido Álvarez Alvite a Lameiro Patiño.

-Día 19 de marzo de 1997, das 10 ás 12 horas.

Desde o apelido Liñares Insua a Vigo Calvo.

* Concello de Ames.

Lugar: Casa Consistorial de Ames.

-Día 20 de marzo de 1997, das 10 ás 12 horas.

Desde o apelidos Abet Antelo a Mariño Ces.

-Día 21 de marzo de 1997, das 10 ás 12 horas.

Desde o apelidos Maroñas García a Viqueira Vázquez.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, aportando os documentos acreditativos da sua titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución, podendo facerse acompañar, pola súa conta, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notarios.

Así mesmo, e en cumprimento do establecido no artigo 56 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa ábrese información pública durante un plazo de quince (15) días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado, ou ata o momento do pagamento dos depósitos previos por prexuízo previo á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante esta Xefatura Provincial de Estradas da Xunta de Galicia na Coruña, P/ Luis Seoane, s/n 8ª planta, as alegacións que estimen pertinentes, co obxeto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

A Coruña, 18 de novembro de 1996.

Antonio Fernández Saraquete

Enxeñeiro xefe da Xefatura Provincial de Estradas da Coruña

97-1618