Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Venres, 07 de marzo de 1997 Páx. 2.095

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 17 de febreiro de 1997, do Servicio de Inspección Tributaria da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se notifica acordo de liquidación de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, período 1993, derivado de acta de inspección.

Segundo o disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, procédese a notificarlle a Cándido Castro Rodas, con DNI 35.829.454-P, con último domicilio coñecido en Subida a Riofrío, 48-Chapela-Redondela.

Imposto: transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Período: 1993.

Concepto: acta de inspección, número 1087.5, modelo A02, por importe de 52.422 pesetas, segundo o seguinte detalle:

Base impoñible432.500 pesetas

Cota 6%25.950 pesetas

Sanción 70 por 10018.165 pesetas

(1)Xuros de demora8.307 pesetas

Total débeda tributaria52.422 pesetas

(1)639 días ó 12%5.452

365 días ó 11%2.855

Advírteselle ó contribuínte de que contra esta liquidación pode interpoñer recurso de reposición perante este servicio de inspección, no prazo de quince días contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio ou reclamación económico-administrativa perante o Tribunal Económico-Administrativo Rexional da Coruña (secretaría delegada de Pontevedra) no mesmo prazo, sen que poidan simultanearse ámbolos recursos.

Pontevedra, 17 de febreiro de 1997.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

1597