De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade, do 5 de xaneiro de 1996 (BOE do 1 de febreiro), para a provisión da praza número 96/003 de profesor titular de universidade da área de coñecemento de socioloxía, departamento de Socioloxía e Ciencia Política da Administración desta universidade, a favor de Gerardo Hernández Rodríguez, e unha vez acreditados polo interesado os requisitos ós que alude o apartado 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.
Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que desenvolven, resolveu nomear a Gerardo Hernández Rodríguez, profesor titular de universidade da área de coñecemento de socioloxía do departamento de
Socioloxía e Ciencia Política da Administración desta universidade.
A Coruña, 19 de febreiro de 1997.
José Luis Meilán Gil
Rector da Universidade da Coruña
1464