Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Venres, 07 de marzo de 1997 Páx. 2.090

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 1997 pola que se convoca concurso para a provisión de postos de traballo de persoal funcionario de Administración e Servicios, polo sistema de libre designación.

De conformidade co disposto nos artigos 21.1.1.a) da Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para

a reforma da función pública (BOE do 3 de agosto) e 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia (DOG do 1 de xuño), e en uso das atribucións conferidas no artigo 65 dos estatutos desta universidade, aprobados por decreto da Xunta de Galicia número 253/1992, do 10 de setembro (DOG do 17), en relación co artigo 3 da Lei de reforma universitaria, do 25 de agosto de 1983 (BOE do 1 de setembro).

Este rectorado resolve anuncia-la provisión, polo procedemento de libre designación, dos postos de traballo que se indican no anexo I da presente resolución, conforme as seguintes bases:

Primeira.-Os postos de traballo que se convocan poderán ser solicitados por funcionarios de carreira dos grupos correspondentes de calquera das administracións públicas, con excepción dos sinalados no apartado 2 do artigo 1 da Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, que reúnan os requisitos que figuran no anexo I desta convocatoria.

Segunda.-As solicitudes para participar na presente convocatoria dirixiranse ó rector da Universidade da Coruña e presentaranse no rexistro xeral desta (r/ Maestranza, s/n) ou por calquera dos medios previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), no prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no BOE, segundo o modelo que se xunta como anexo II.

Terceira.-Os aspirantes deberán xuntarlle á petición o seu currículum vitae no que figuren cantos méritos consideren oportunos, que deberán xustificar mediante certificación ou copia compulsada. Os méritos alegados e non probados non serán tidos en conta.

Cuarta.-Os aspirantes que resulten seleccionados deberán tomar posesión nos prazos sinalados no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo (DOG do 25).

Quinta.-A resolución do presente concurso farase pública no BOE.

A Coruña, 18 de febreiro de 1997.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO I

Denominación do posto: xefe de actividades institucionais.

Dependencia: rectorado.

Localidade: A Coruña.

Tipo de posto: singularizado.

Grupo: ABC.

Nivel: 25.

C. específico: 95.614.

1463