Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Venres, 07 de marzo de 1997 Páx. 2.062

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 31 de xaneiro de 1997 pola que se aproban as bases que rexerán o concurso público de catro bolsas de colaboración en proxectos de investigación sobre terminoloxía científico-técnica que se van desenvolver no Centro de Investigacións Ramón Piñeiro, e se anuncia a súa convocatoria.

O artigo 1 do Decreto 346/1996, do 13 de setembro, en harmonía co artigo 27 de Estatuto de autonomía para Galicia, establece a competencia da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para a promoción e ensino da lingua galega e o fomento da investigación.

A disposición adicional da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, considera como criterio de autoridade o que estableza a Real Academia Galega nas «cuestións relativas á normativa, actualización e uso correcto da lingua galega».

Neste sentido, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día trinta e un de outubro de mil novecentos noventa e seis, acordou autoriza-la sinatura dun convenio de colaboración, de carácter plurianual, entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Real Academia Galega, polo que se crea, no seo do Seminario de Lexicografía da Real Academia Galega e do Centro de Investigacións Ramón Piñeiro, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, o Servicio de Terminoloxía Científico-Técnica, que ten como cometido o estudio, revisión e difusión da terminoloxía en lingua galega nos diferentes eidos da ciencia e da tecnoloxía.

Dentro do plan de actividades da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para 1997 figura a convocatoria pública de bolsas de investigación para realizar proxectos concretos sobre terminoloxía científico-técnica, no Centro de Investigacións Ramón Piñeiro, dando así cumprimento ó estipulado no convenio mencionado no parágrafo anterior.

O seu outorgamento enmárcase dentro das funcións atribuídas á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no artigo 3 do Decreto 25/1993, do 11 de febreiro (DOG nº 34, do 19 de febreiro) de creación e posta en funcionamento do Centro de Investigacións Ramón Piñeiro.

Na súa virtude, apróbanse as seguintes,

BASES:

Primeira.-Obxecto.

O concurso ten por obxecto a adxudicación de catro bolsas de colaboración en proxectos de investigación sobre terminoloxía científico-técnica, que desenvolverán no Centro de InvestigaciónsRamón Piñeiro.

Segunda.-Contía das bolsas.

O importe das bolsas incluirá:

-Unha asignación mensual de 122.000 pesetas, coa retención fiscal que corresponda, que será incompatible con calquera outra axuda ou actividade remunerada.

-Seguro de asistencia médica e seguro combinado de accidentes.

O gasto que se proxecta, por unha contía máxima total de 5.000.000 de etas, será financiado con cargo á partida orzamentaria 07.06.353F.640.0, correspondente ós orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 1997, segundo a estipulación quinta do convenio de carácter plurianual, asinado entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Real Academia Galega, polo que se crea o Servicio de Terminoloxía Científico-Técnica.

Terceira.-Duración.

O período de desfrute das bolsas será ata o 31 de decembro de 1997.

A data de incorporación ó centro será dentro dos dez días seguintes ó da notificación da adxudicación. O bolseiro que non se incorpore no prazo establecido perderá os dereitos inherentes á bolsa concedida, salvo causa xustificada de atraso apreciada polo coordinador científico do Centro de Investigacións Ramón Piñeiro.

Por resolución da Dirección Xeral de Política Lingüística, as bolsas poderanse prorrogar anualmente, ata un máximo de tres anos, incluído o ano da concesión, á vista do traballo realizado polo bolseiro, sempre que o permitan as dispoñibilidades orzamentarias. No suposto de prórroga, a dotación económica poderá incrementarse de acordo co índice de prezos ó consumo que se estableza para cada ano.

Cuarta.-Requisitos.

a) Posuí-la nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea.

b) Estar en posesión do título de licenciado en filoloxía.

c) Acreditar coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento.

d) Non ter sido separado do servicio de ningunha Administración ou institución como consecuencia de expediente disciplinario.

e) Coñecemento de informática, particularmente en procesador de textos e bases de datos.

f) Valoranse a experiencia e coñecementos acreditados en terminoloxía e lexicografía.

g) Valorarase ter coñecemento doutras linguas.

Quinta.-Solicitudes.

As solicitudes, no modelo que se adxunta como anexo, irán dirixidas ó coordinador-científico do Centro de Investigacións Ramón Piñeiro e entregaranse na sede deste (estrada Santiago-Noia, km 3 - A Barcia, 15896 Santiago de Compostela), ou ben en calquera dos centros previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación da presente convocatoria no DOG, acompañadas da documentación seguinte:

-Certificación académica persoal completa.

-Currículum vitae, acompañado de cantos documentos poidan avalalo.

-Acreditación de coñecemento da lingua galega a nivel perfeccionamento.

-Fotocopia do DNI ou pasaporte.

-Declaración xurada na que se compromete a renunciar, se fose seleccionado, á percepción doutras remuneracións, bolsas ou axudas, e tamén de non ter sido separado do servicio de ningunha Administración nin institución pública como consecuencia de expediente disciplinario.

Tódolos documentos deberán ser orixinais ou copias cotexadas con eles.

Sexta.-Selección.

A selección dos candidatos será realizada por unha comisión presidida polo coordinador-ientífico do Centro de Investigacións Ramón Piñeiro e composta por tres vocais propostos por aquel e nomeados polo director xeral de Política Lingüística. Actuará como secretario o scretario do centro.

Ademais do exame da documentación presentada, a comisión poderá convoca-lo solicitantes a unha entrevista persoal.

A comisión non valorará aqueles méritos alegados polos solicitantes nas súas instancias que non estean acreditados documentalmente. O presidente da comisión proporálle ó director xeral de Política Lingüística a relación de candidatos seleccionados para o seu nomeamento.

Sétima.-Obrigas.

Os bolseiros permanecerán no Centro de Investigacións Ramón Piñeiro, en horario habitual de xornada de mañá ou tarde.

O incumprimento por parte do bolseiro dalgunha das condicións recollidas nas presentes bases suporá a perda da bolsa concedida e, de se-lo caso, o reintegro das cantidades xa cobradas.

A condición de bolseiro non dará lugar a relación laboral nin administrativa coa Xunta de Galicia.

Oitava.-A convocatoria, as súas bases e todos cantos actos administrativos se deriven dela, poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Novena.-Pagamento da bolsa.

O pagamento da bolsa realizarase mensualmente, logo do informe do responsable do Servicio de Terminoloxía Científico-Técnica, co visto e prace do coordinador científico do centro, sempre que os traballos se desenvolvan con normalidade e de acordo coas bases establecidas.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Política Lingüística para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.- A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

1578