Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Xoves, 06 de marzo de 1997 Páx. 2.043

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/18-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. y R.B.T. Patio de Madres.

Situación: Santiago de Compostela.

Características técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 kV de 10 m de lonxitude en conductor R.H.V. de 240 mm Al, con orixe no C.T. que se vai suprimir e final no C.T. Patio de Madres, en r/ Ensinanza de 400 kVA a 20 kV-B,2-Concello de Santiago de Compostela.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 7 de febreiro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

1301