Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Xoves, 06 de marzo de 1997 Páx. 2.042

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/15-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: variante L.M.T. Lamastelle-Perillo, expediente 29878.

Situación: Oleiros.

Características técnicas: reforma L.M.T. de aérea a subterránea, nun tramo de 80 m entre a L.M.T. Lamastelle-Perillo, expediente 29878, con orixe na r/ Eduardo Pondal e final na r/ Das Andoriñas, en conductor R.H.V. de 3(1x240 mm Al), concello de Oleiros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 7 de febreiro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

1297