Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Xoves, 06 de marzo de 1997 Páx. 2.042

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 1997, da Dirección Xeral de Industria, pola que se lle concede á Asociación de Profesionais de Auga, Gas, Electricidade, Calefacción e Afíns da Comunidade Autónoma de Galicia a cualificación de entidade autorizada para a impartición de cursos teórico-prácticos para a formación de instaladores de gas nas catro categorías IG-I, IG-II, IG-III e IG-IV.

Vista a documentación presentada pola Asociación de Profesionais de Auga, Gas, Electricidade, Calefacción e Afíns da Comunidade Autónoma de Galicia, pola que solicitan que lles sexa concedida a cualificación de entidade autorizada para a impartición de cursos teórico-prácticos para a formación de instaladores de gas nas catro categorías IG-I, IG-II, IG-III e IG-IV.

Vista a Orde do 17 de decembro de 1985, do Ministerio de Industria e Enerxía, pola que se aproban a instrucción sobre documentación e posta en servicio das instalacións receptoras de gases combustibles e a instrucción sobre instaladores autorizados de gas e empresas instaladoras, na que se establecen as diferentes probas e requisitos para a obtención dos distintos tipos de carnés, así como as condicións que deben cumpri-las entidades autorizadas para a formación de instaladores.

Considerando que a entidade solicitante cómpre cos requisitos regulamentariamente establecidos, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Outorgarlle á Asociación de Profesionais de Auga, Gas, Electricidade, Calefacción e Afíns da Comunidade Autónoma de Galicia a cualificación de entidade autorizada para a impartición de cursos teórico-prácticos para a formación de instaladores de gas nas catro categorías IG-I, IG-II, IG-III e IG-IV, e proceder á súa inscrición no rexistro correspondente da Dirección Xeral de Industria.

Para o inicio das actividades, deberán presentar perante a delegación provincial de Industria e Comercio correspondente, fotocopia desta resolución, así como a programación, profesorado, tarifas, lugar, horarios e exames dos cursos, co fin de realiza-lo control correspondente.

Así mesmo e para efectos estatísticos e de control, deberase presentar nas delegacións provinciais de Industria e Comercio correspondentes unha memoria anual de actuacións na provincia, debendo figurar

nela os datos relacionados no punto 12.4 da devandita Orde do 17 de decembro de 1985, e na Dirección Xeral de Industria un resumo destas en toda a Comunidade Autónoma galega.

Esta autorización deberá renovarse ós dous anos, para o cal deberase acreditar perante esta Dirección Xeral de Industria o cumprimento dos requisitos esixidos na autorización inicial.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 1997.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

1299