Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública, e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A..
Enderezo social: Avda. García Barbón, 38. 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. Cans-O Porriño.
Situación: O Porriño.
Descricións técnicas: L.M.T., aérea núa, a 20 kV, de 2.467 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o apoio 22 da L.M.T. 13.26 Atios-O Porriño-Redondela, rematando no apoio 11 da L.M.T. 13.07 Atios-Ponteareas, concello do Porriño.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,
Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
Pontevedra, 23 de xaneiro de 1997.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
1338