Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Xoves, 06 de marzo de 1997 Páx. 2.016

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se dispón a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 29 de febreiro de 1996, de iniciación do procedemento de elaboración das directrices de ordenación do territorio segundo o disposto na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio.

A Lei 10/1995, de ordenación do territorio, no seu artigo 10.1), encoméndalle ó Consello da Xunta de Galicia acorda-la iniciación do procedemento de elaboración das directrices de ordenación do territorio, que terán que constituí-lo marco xeral de referencia para a vertebración da política territorial da Comunidade Autónoma.

Na súa virtude, e en cumprimento do mandato contido no artigo 10.1º do citado corpo legal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa sesión do 29 de febreiro de 1996, acordou inicia-lo procedemento de elaboración das directrices de ordenación do territorio de acordo co establecido no artigo 10 da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, dispoñendo que sexa a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda a encargada de realiza-los traballos necesarios de información, análise e diagnóstico e formula-lo avance das directrices de ordenación do territorio.

Os distintos organismos e entidades da Xunta de Galicia prestarán a súa colaboración e facilitarán a información que lles sexa solicitada para a formulación das previsións e determinacións das directrices de ordenación do territorio.

O que se fai público para xeral coñecemento e para os efectos oportunos.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 1996.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral de Política Territorial,

Obras Públicas e Vivenda

1447