Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Mércores, 05 de marzo de 1997 Páx. 1.987

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/1-4).

Para os efectos prevenidos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

-Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

-Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

-Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Monte das Chans.

-Situación: Concello de Marín.

-Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 19 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio nº 175 da L.M.T. ó C.T. de Seixo, rematando no C.T. que se proxecta en Monte das Chans, concello de Marín. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 80 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoio de formigón. R.B.T. subterránea, de 30 m de lonxitude, con conductor tipo R.V..

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 16 de xaneiro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

1248