Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Mércores, 05 de marzo de 1997 Páx. 1.986

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 1996, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas, se declara de utilidade pública, se aproba o proxecto de execución e se recoñece a condición de instalación acollida ó réxime especial, do parque eólico denominado Barbanza (expediente 95/1994).

Vistos os escritos presentados por Pedro Martínez Crespo, en nome e representación da Empresa Nacional de Electricidad (Endesa), con domicilio para efectos de notificacións na rúa Príncipe de Vergara nº 187, 28002 Madrid, ó amparo do establecido na Lei 82/1980, do 30 de decembro, sobre a conservación da enerxía, o Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro, sobre instalacións hidráulicas, de coxeración e outras abastecidas por recursos o fontes de enerxías renovables e para os efectos previstos no capítulo III do Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento de enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, nos que se solicita a aprobación e a declaración de utilidade pública do proxecto denominado parque eólico de Barbanza, así como a autorización das instalacións descritas nel, para os efectos de recoñecemento da súa condición de instalación acollida ó réxime especial.

Resultando que as características básicas das instalacións son as seguintes:

-Nº de aeroxeradores: 60.

-Potencia unitaria do aeroxerador: 330 kW.

-Potencia total instalada: 19,80 MW.

-Altura das torres: 31 m.

-Diámetro das pas: 30,4 m.

-Producción anual calculada: 54.948 Mwh/ano.

-Transformadores de 0,66/20 kV: 13.

-Subestación: 20/66 kV.

Resultando que o orzamento ascende a 2.976.000.000 de pesetas, e que o dito parque eólico consta dun emprazamento que queda referido ás seguintes coordenadas:

NOMEMUNICIPIOVÉRTICES

X-lonx W Y-lat N

BarbanzaPorto do Son

A Pobra do Caramiñal

0.503.300 4.727.250

0.503.850 4.727.250

0.504.950 4.727.000

0.506.750 4.727.000

0.506.750 4.724.600

Resultando que a solicitude se someteu a información pública para os efectos previstos nos decretos 2617/1966 e 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sendo publicados os anuncios no Diario Oficial de Galicia do 9/11/1994, no BOP da Coruña do 11/11/1994 e no Boletín Oficial del Estado do 11/11/1994 e no diario El Correo Galego do 7/11/1994, sen que neste trámite se recibise ningunha reclamación.

Considerando que no expediente instruído para o efecto se cumpriron os trámites regulamentarios sen que no período de información pública se formulasen reclamacións, e que a delegación provincial desta consellería na Coruña emite informe favorable sobre a dita solicitude.

Vistas a Lei 82/1980, do 30 de decembro, sobre a conservación da enerxía, o Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro, sobre instalacións hidráulicas, de coxeración e outras abastecidas por recursos ou fontes de enerxías renovables, o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento de enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, o Decreto 1775/1967, do 22 de xuño, sobre o réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias de acordo coa resolución desta Consellería de Industria e Comercio do 25 de abril de 1996 pola que se aproba o Plan Eólico Estratéxico Endesa-Made.

Esta dirección xeral,

RESOLVE:

1º) Autorizarlle á empresa Endesa a instalación dos equipos electromecánicos que quedan reflectidos no proxecto citado, así como a aprobación do dito proxecto, nos concellos de Porto do Son e A Pobra do Caramiñal.

2º) Declarar en concreto a utilidade pública das instalacións que se autorizan dentro dos polígonos definidos no segundo resultando desta resolución, para os efectos da expropiación forzosa.

3º) Recoñecerlle ó parque eólico autorizado a condición de instalación acollidaa ó réxime especial do Real decreto 2366/1994, e incluílo no grupo a) do artigo 2 do dito R.D.

Todo iso de acordo coas condicións seguintes:

Primeira.-A empresa Endesaa, para os efectos de garanti-lo cumprimento das súas obrigas, deberá constituír, no prazo dun mes contado desde o outorgamento da presente autorización, unha fianza por importe de 59.520.000 pesetas, conforme o disposto no artigo 15 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A dita fianza constituirase na caixa xeral de depósitos da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, en calquera dos xeitos sinalados no artigo no artigo 11, apartado 3º do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, fianza que se devolverá unha vez que se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.

Segunda.-As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa, e subscrito por técnico competente cun orzamento de 2.976.000.000 de pesetas.

Terceira.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten a datos básicos do proxecto, será necesaria a previa autorización desta Dirección Xeral de Industria. Así mesmo, a Delegación Provincial de Industria e Comercio na Coruña poderá autoriza-las modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debéndolle comunicar a esta dirección xeral tódalas resolucións que dicte en aplicación da dita facultade.

Cuarta.-O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses a partir da data desta resolución.

Unha vez construídas as instalacións autorizadas, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio na Coruña inspeccionará a totalidade das obras e montaxes afectadas.

Quinta.-A empresa, como requisito necesario para a aplicación ás instalacións que se autorizan do réxime especial creado polo Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro, deberá inscribir aquela no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xullo de 1995 (DOG do 14-7-1995), no prazo de dous meses.

Sexta.-Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencia ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións outorizadas.

Sétima.-Con carácter previo á posta en marcha das instalacións, o órgano competente verificará o cumprimento do condicionado imposto nesta resolución, as condicións establecidas no acordo do 25 de abril de 1996 da Comisión Galega de Medio Ambiente polo que se aproba a declaración de efectos ambientais, segundo o Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, así como o cumprimento dos compromisos adquiridos pola empresa e que figuran no Plan Industrial do Plan Eólico Estratéxico, aprobado por Resolución do 25 de abril de 1996.

Oitava.-A Administración resérvase o dereito de deixar sen efecto a presente autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1175/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse, se é o caso, recurso ordinario diante do conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado desde a súa publicación, conforme o establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 1996.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

1249