Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Martes, 04 de marzo de 1997 Páx. 1.923

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA de notificación da proposta de resolución formulada polo instructor do expediente 59.4/95, por presunta infracción da lexislación de costas.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo, a proposta de resolución que formula o instructor, polos feitos sinalados, presumiblemente constitutivos dunha infracción á Lei 22/1988, do 28 de xullo de costas (no sucesivo L.c.) e do seu regulamento (en adiante R.c.).

O que se lle comunica ó interesado de conformidade cos artigos 19.1º do R.d. 1398/1993 e 194.10º do Regulamento de costas, para que no prazo de quince (15) días, a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, poida obte-las copias dos documentos que constan no expediente que xulgue oportunos e formula-las alegacilóns e presenta-los documentos que crea pertinentes, perante o instructor do procedemento.

Pontevedra, 4 de febreiro de 1997.

Alfonso Fernández Fernández

Instructor

ANEXO

Expediente: 59.4/95

Denunciada: Julia Penedo Goberna.

Condición: promotora.

Último enderezo coñecido: r/ Manuel de Castro, nº 12-2º-Vigo.

Data do acordo: 4-2-1997.

Feitos: construcción de cimentación e placa para vivenda.

Lugar: praias de Areacova-Aldán.

Concello: Cangas.

Proposta: en aplicación dos artigos 95.1º e 97.1º da L.c. e artigos 179.1º e 180 b) do R.c. proponse a imposición a Julia Penedo Goberna, dunha multa de seiscentas sesenta e unha mil seiscentas oitenta e unha pesetas (661.681 ptas.), que deberá aboar ingresando na conta nº 2091/05003110000186 da oficina principal de Caixa Galicia en Pontevedra, a citada cantidade, desde que sexa definitiva en vía administrativa a resolución que recaia e que se lle ordene volta-los terreos nos que se executou a obra obxecto deste expediente ó seu primitivo estado, debendo realizalo no prazo dun mes, desde que sexa definitiva en vía administrativa a resolución que sobre o particular recaia.

1287