Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Martes, 04 de marzo de 1997 Páx. 1.923

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 1997, da Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas, pola que se fai pública a convocatoria e a orde do día da reunión do pleno do Consello de Comunidades Galegas.

En cumprimento do establecido no artigo 4 do Decreto 4/1987, do 8 de xaneiro, na súa nova redacción fixada polo Decreto 195/1991, do 30 de maio (DOG del 11-4-1991), polo que se modifica o Regulamento de organización e funcionamento do Consello de Comunidades Galegas, coa conformidade do presidente da Xunta de Galicia,

RESOLVO:

Primeiro.-Convoca-la preceptiva reunión trianual do pleno do Consello de Comunidades Galegas para os días 1 e 2 do mes de agosto de 1997 en Ourense.

Segundo.-A orde do día da devandita reunión será a que figura como anexo á presente resolución.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 1997.

Fernando Amarelo de Castro

Secretario xeral para as Relacións

coas Comunidades Galegas

ANEXO

Orde do día da reunión do pleno do Consello de Comunidades Galegas.

1. Constitución do Pleno e apertura das sesións.

2. Informe-balance da xestión realizada no último período pola Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

3. Intervencións informativas de membros natos do Pleno do Consello.

4. Exposición dos textos das catro ponencias establecidas pola Comisión Delegada na súa última reunión:

1) Acción social, con especial adicación á 3ª idade.

2) A xuventude, importancia na galeguidade.

3) A actividade cultural.

4) Participación da Galicia exterior na política de Galicia.

5. Estudio de ponencias e comunicacións presentadas en comisións de traballo e preparación de conclusións.

6. Elección dos membros da Comisión Delegada para o trienio 1998-2000.

7. Sesión plenaria con lectura de conclusións definitivas, quenda de rogos e preguntas, proclamación de membros da Comisión Delegada e clausura de actos do pleno.

1286