Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Martes, 04 de marzo de 1997 Páx. 1.921

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 1997 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza 96/049 de corpos docentes universitarios convocados por esta universidade.

En cumprimento do disposto no Art. 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo R.D. 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados os presidentes e vocais secretarios por esta universidade e celebrados os oportunos sorteos establecidos no artigo 6.6º do mencionado real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes, este rectorado fai pública a composición da comisión que ha de resolve-lo concurso para a provisión da praza de profesorado desta universidade número 96/049, convocada por Resolución de 17 de xullo de 1996 (BOE do 14 de agosto), comisión que se relaciona como anexo a esta resolución.

A citada comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade no prazo de quince días hábiles a partires do seguinte á súa publicación.

A Coruña, 5 de febreiro de 1997.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO

Praza de: profesor titular escola universitaria.

Área de coñecemento: construccións arquitectónicas.

Praza nº: 96/049.

Comisión titular:

Presidente: Lois Cereceda, Miguel. Catedrático de escola universitaria. Universidade de Alacante.

Secretario: Vázquez Fernández, Ramón. Profesor titular escola universitaria. Universidade da Coruña.

Vocais: Aguilera Manso, Alfredo. Catedrático de escola universitaria. Universidade Politécnica de Madrid.

Amador Blanco, Juan José. Profesor titular de escola universitaria. Universidade Politécnica de Madrid.

Guarch Rey, Joaquín. Profesor titular escola universitaria. Universidade Politécnica de Cataluña.

Comisión suplente:

Presidente: Pérez Guerra, Alfonso. Catedrático de escola universitaria. Universidade Politécnica de Cataluña.

Secretario: Pinedo Iglesias, Eduardo. Profesor titular de escola universitaria. Universidade da Coruña.

Vocais: Lucas Ruiz, Rafael. Catedrático de escola universitaria. Universidade de Sevilla.

Goizueta Romero, Fernando. Profesor titular de escola universitaria. Universidade Politécnica de Madrid.

Merchante Hernández, Juan Manuel. Profesor titular de escola universitaria. Universidade de Sevilla.

1158