Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Martes, 04 de marzo de 1997 Páx. 1.921

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

ACORDO do 21 de febreiro de 1997, do tribunal cualificador do concurso-oposición para o ingreso na categoría do grupo técnico da función administrativa de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, convocado por Resolución do 19 de xuño de 1995, polo que se convocan os aspirantes que superaron o segundo exercicio da fase de oposición.

O apartado 7 da base sexta A) da resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, do 19 de xuño de 1995 (DOG nº 122, do 27 de xuño), pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde dispón que, unha vez comezadas as probas, o tribunal fará públicos os anuncios de celebración dos sucesivos exercicios nos taboleiros de anuncios da Dirección Xeral de Recursos Humanos e nos das direccións provinciais do Sergas e por calquera outro medio que se xulgue conveniente para facilita-la súa máxima divulgación, con vintecatro horas, polo menos, de antelación á indicada o seu comezo.

Adoptado acordo polo tribunal da categoría do grupo técnico da función administrativa sobre a data e lugar de celebración do terceiro exercicio da fase de oposición, procede agora darlle publicidade a este no Diario Oficial de Galicia ademais dos lugares previstos na convocatoria.

ACORDO

Primeiro.-Convoca-los aspirantes que superaron o segundo exercicio da fase de oposición para o ingreso na categoría do grupo técnico da función administrativa de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, para a realización do terceiro exercicio da dita fase, ás 9 horas do día 8 de marzo de 1997, na Escola Galega de Administración Pública, (EGAP), sita na rúa de Madrid, 2-4, polígono das Fontiñas, en Santiago de Compostela.

Segundo.-Os aspirantes terán que ir provistos necesariamente de documento nacional de identidade, permiso de conducir ou pasaporte e bolígrafo.

Terceiro.-De conformidade co apartado 8 da base sexta A da citada convocatoria, a lectura pública do terceiro exercicio realizarase no edificio do Servicio Galego de Saúde sito en San Lázaro s/n, en Santiago de Compostela, o día 17 de marzo de 1997, iniciándose por aqueles aspirantes dos que o primeiro apelido comece pola letra R, na modalidade xurídica, coa seguinte distribución:

- A partir das 10.30 horas, de Rigueiro Veloso, Mª Cristina a Valencia Vila, Pablo.

- A partir das 16 horas, de Valín López, Francisco José a Cerro del Río, Mª Beatriz.

Cuarto.-O chamamento para a lectura pública do exercicio será único e será excluído do concurso-oposición quen non compareza. Os aspirantes deberán

acredita-la súa personalidade na forma establecida no apartado segundo da presente resolución.

Os sucesivos chamamentos de aspirantes realizaranse a través do taboleiro de anuncios da devandita sede, e deberán levarse a cabo cunha antelación mínima de doce horas. Igualmente, a cualificación dos aspirantes farase pública ó termo de cada sesión de lectura pública.

Quinto.-Contra este acordo poderá presentarse reclamación perante o tribunal no prazo de dez días naturais contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 1997.

Valeriano Martínez García

Presidente do tribunal

1090