Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Martes, 04 de marzo de 1997 Páx. 1.907

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

ORDE do 10 de febreiro de 1997 pola que se fixan os prezos de venda ó público de diversas publicacións da Consellería de Cultura e Comunicación Social.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicadas no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido o preceptivo informe favorable pola Consellería de Economía e Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.

1.-Quedan aprobados os prezos de venda ó público das publicacións editadas por esta consellería que se relacionan no anexo.

2.-Estes prezos entenderanse, se é o caso, co IVE incluído.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 1997.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura e Comunicación Social

ANEXO

Arredor do libro. Artigos de bibliofilia: 3.000 ptas.

III Xuntanza obradoiro das artes visuais: 800 ptas.

Ler en familia: 320 ptas.

Moreiras: 800 ptas.

Mario F. Granell: 1.500 ptas.

Christian Villamide: 800 ptas.

Signos ortográficos: 320 ptas.

Maiúsculas e abreviacións: 320 ptas.

Ramón Piñeiro: 750 ptas.

Antón Sobral: 800 ptas.

A xeración Nós e o Camiño de Santiago: 1.446 ptas.

Lisístrata ou de cando as mulleres reviraron: 1.750 ptas.

O bufón del Rei: 1.750 ptas.

O peregrino errante que cansou ó demo: 1.750 ptas.

A saúdade do progreso: A Coruña 1890-1936: 1.700 ptas.

A cidade e as xentes II.Lugo, 1950-1959.: 1.500 ptas.

La fundación, antigüedad y progresos del Imperial Monasterio de Ntra. Sra. de Oseira: 10.000 ptas.

Isaac Pérez Vicente: 2.500 ptas.

Leopoldo Nóvoa: 3.000 ptas.

97-1308