Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Rorís.
Situación: concello de Pontevedra.
Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 463 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o apoio 150 da L.M.T. Mourente-Tafisa rematando no C.T. que se proxecta en Rorís, concello de Pontevedra. C.T. de 50 kVA,
relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 120 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución da devandita instalación, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
Pontevedra, 13 de xaneiro de 1997.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
1225