Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Luns, 03 de marzo de 1997 Páx. 1.877

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 1997 pola que se anuncia polo sistema de concurso de procedemento aberto a obra, declarada de urxencia: centro de ensino infantil e primario (12+4 unidades) en Gondomar (Pontevedra).

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita: Subdirección Xeral de Construccións e E.

c) Número de expediente: PO-13/96-P.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: centro de ensino infantil e primario (12+4 unidades).

b) Lugar de execución: Gondomar (Pontevedra).

c) Prazo de execución: 12 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 221.680.442 pesetas.

5. Garantías.

Provisional: non.

6. Obtención de documentación e información.

6.1. Información.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (Información).

b) Enderezo: edificio administrativo de San Caetano, s/n, e delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

6.2. Documentación.

a) Teléfono: (981) 59 33 85.

b) Enderezo: calle Nueva, 19. Santiago de Compostela (A Coruña).

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo: C, subgrupo: todos, e categoría: D.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª entidade: rexistro xeral. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

2ª Enderezo: edificio Adtvo. de San Caetano, s/n.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela. 15704.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): ata a resolución de adxudicación do concurso.

e) Admisión de variantes (concurso): non se admiten variantes económicas.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (Sala de Xuntas).

b) Enderezo: edificio administrativo de San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o segundo día hábil contado desde o remate do prazo de presentación das proposicións, se coincide en día inhábil trasladarase o seguinte día hábil.

e) Hora: 13.30 horas.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 1997.

P.D. (Orde 21-6-1996)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

1226