Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Luns, 03 de marzo de 1997 Páx. 1.875

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (435/1996).

María Teresa Bouzada Gil, maxistrada-xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela, fai saber que neste xulgado se segue expediente de dominio 435/1996, seguido por instancia de José Calvo Blanco, actuando en beneficio da comunidade hereditaria dos seus finados pais José Calvo Barreiro e Antonia Blanco García, que integra cos seus irmáns María del Carmen, Sara María, María Victoria, Antonia, Jorge Rogelio e Divina Olga de la Concepción Calvo Blanco, para a reanudación do tracto sucesivo interrompido a favor do mencionado causante, José Calvo Barreiro, do seguinte predio: casa número 14 moderno da rúa de San Pedro, parroquia de Sar (hoxe parroquia de San Pedro) desta cidade de Santiago de Compostela, composta de soto, piso baixo destinado a tenda cociña e comedor, dous pisos altos e bufarda; unido a ela polo sur un patio cuberto de viñas en parra alta, cunha corte e unha palleira na súa parte inferior, despois desta corte existe

outra parcela de terreo destinado a patio, entre a parede da referida corte e a do matadoiro público. Mide o soar de todo isto douscentos noventa e catro metros cadrados sen abrangue-lo espesor das paredes medianeiras de leste e oeste. Estrema pola súa fronte, que é o norte, coa rúa de San Pedro; polo sur ou costas, co citado matadoiro público; leste ou esquerda entrando, coa casa número 16 moderno dos herdeiros de Manuela Santos; e polo oeste ou dereita entrando, coa casa número 12 de Juana Rilo Carreira.

E en virtude do acordado e do disposto na Lei e Regulamento hipotecario, por medio do presente edicto convócase e cítase para que no prazo de dez días comparezan perante este xulgado, alegando o que ó seu dereito conveña, as persoas ignoradas ás que poida prexudica-la inscrición solicitada; ás que se consideren con algún dereito real; ós herdeiros, sucesores ou habentes causa do titular rexistral Francisco Calvo Seijo e dos do matrimonio formado por este e a súa tamén extinta esposa Antonia Barreiro Rapela, como persoas das que procede o predio; e ó titular catastral e ocupante de parte do predio Jesús Mallou Noya.

En Santiago de Compostela o 13 de xaneiro de 1997.

A maxistrada-xuíza

Rubricado

O secretario

Rubricado

1480