Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Luns, 03 de marzo de 1997 Páx. 1.874

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 24 febreiro de 1997 pola que se resolve a convocatoria, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola Orde do 16 de xaneiro de 1997 (DOG nº 17, do 27).

Esta consellería, no uso das facultades e atribucións conferidas polo Art. 27.2º da Lei da función pública de Galicia, e os artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 15.4º da referida lei.

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudicarlle destino no posto de traballo que se indica ó funcionario do que se expresan os seus datos no anexo desta orde.

Segundo.-O cesamento no actual destino do funcionario que obtivo a praza, producirase no prazo de tres días contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión da praza adxudicada deberá realizarse no prazo dos tres días seguintes ó do cesamento, se se trata da mesma localidade na que presta os seus servicios o funcionario, ou no prazo dun mes se se trata de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Terceiro.-A Xefatura de Persoal do centro onde cause alta o funcionario realizará, dentro dos prazos sinalados nos apartados anteriores, a dilixencia de toma de posesión e seguidamente levaranse a cabo os trámites necesarios para a entrada en nómina.

Das dilixencias efectuadas darase traslado, mediante fotocopia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto.-Contra esta orde poderase interpoñer recurso contencioso administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, comunicando previamente a esta consellería a vontade de interpoñelo.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 1997.

Celso Ramón Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Denominación: secretaria/o do conselleiro.

Código do posto: ED.C01.00.000.15770.001

Dependencia: Gabinete do conselleiro.

Localidade: Santiago de Compostela.

Grupo: D

Nivel: 20

Corpo/escala: xeral.

Apelidos e nome: Marcote Villar, Mª Pilar.

Nº rexistro persoal: 33.250.284.46.A2059

904