Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Venres, 28 de febreiro de 1997 Páx. 1.830

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 1997 pola que se convocan as segundas xornadas sobre drogas e función policial.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 1997, conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a celebración das segundas xornadas sobre drogas e función policial, que deberán desenvolverse conforme as seguintes bases:

Primeira.-Obxectivos.

As xornadas teñen por obxectivo coñecer en profundidade a problemática da intervención policial no tema do tráfico e consumo de drogas, e analizar métodos de rehabilitación e comportamento de toxicómanos, etc.

Segunda.-Destinatarios.

As xornadas van dirixidas ós membros dos corpos e forzas de seguridade.

Terceira.-Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Cuarta.-Prazas.

O número de prazas que se ofertarán é de 250.

Quinta.-Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nestas xornadas deberá presentar, cuberta a máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 7 de abril de 1997.

3. As instancias deberán enviarse á sede da Academia Galega de Seguridade: rúa de Madrid, 2-4, polígono das Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela, ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Sexta.-Contido e duración.

As xornadas celebraranse en sesións de mañá e tarde, e nelas abordarase o tema das drogas desde as seguintes perspectivas: sociolóxica, xurídica, política e policial.

Sétima.-Datas.

As xornadas celebraranse durante os días 17 e 18 de abril de 1997.

O horario será en xornada de mañá (9.30 a 14 h) e tarde (16 a 20 h) o día 17, e en sesión de mañá o día 18.

Oitava.-Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase o día 9 de abril de 1997 no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono (981) 56 34 00.

Novena.-Lugar.

Salón de actos da Escola Galega de Administración Pública, sita na rúa de Madrid, 2-4, no polígono das Fontiñas, en Santiago de Compostela.

Décima.-Certificado de participación.

Ó remate das xornadas entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a estas.

Undécima.-Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento das xornadas para adap

talas ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 1997.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade

97-1373