Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Venres, 28 de febreiro de 1997 Páx. 1.829

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 1997 pola que se convocan catro cursos básicos de informática.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 1997 de forma descentralizada, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a celebración de catro cursos básicos de informática, que deberán desenvolverse conforme as seguintes bases:

Primeira.-Obxectivos.

Os cursos teñen por obxectivo principal da-los coñecementos mínimos necesarios en materia de informática, para que os policías se familiaricen cos novos medios técnicos de traballo.

Segunda.-Destinatarios.

Os cursos van dirixidos ós membros dos corpos das policías locais de Galicia, e ós membros da unidade do CNP adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceira.-Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Cuarta.-Prazas.

O número de prazas que se ofertarán será de 10 por curso.

Quinta.-Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nestes cursos deberá presentar, cuberta a máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará ás 14 horas, nas seguintes datas:

-1º e 2º curso: o día 22 de abril.

-3º e 4º curso: o día 14 de maio.

3. As instancias deberán vir asinadas polo xefe do cadro de persoal, ou polo concelleiro de tráfico e seladas; será isto requisito indispensable para ser admitido no curso; o incumprimento deste requisito levará consigo a non admisión no devandito curso.

4. As instancias deberán enviarse á sede da Academia Galega de Seguridade: rúa de Madrid, 2-4, polígono das Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela, ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Sexta.-Contido e duración.

Os cursos celebraranse en sesións de mañá ou tarde, de luns a venres, e neles trataranse, entre outros, os seguintes temas:

a) Informmática básica.

b) MS-DOS 6.20.

c) Windows 3.11.

d) WordPerfect 6.1.

Sétima.-Datas.

Os cursos celebraranse nas datas do 5 ó 23 de maio, e do 2 ó 20 de xuño.

O horario de cada curso será o seguinte:

-1º curso:

Datas: 5 ó 23 de maio.

Horario: de 16 a 18 horas.

-2º curso:

Datas: 5 ó 23 de maio.

Horario: de 18 a 20 horas.

-3º curso:

Datas: 2 ó 20 de xuño.

Horario: de 16 a 18 horas.

-4º curso:

Datas: 2 ó 20 de xuño.

Horario: de 18 a 20 horas.

Oitava.-Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase nas seguintes datas:

-1º e 2º curso: o día 28 de abril.

-3º e 4º curso: o día 21 de maio.

Esta relación publicarase no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono (981) 56 34 00.

Novena.-Lugar.

Os cursos desenvolveranse nos locais sitos na rúa Santiago de Chile, 17 bis, en Santiago de Compostela.

Décima.-Certificado de asistencia e aproveitamento.

Ó remate de cada curso entregaráselles un certificado de asistencia e aproveitamento a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a este e superen unha proba de coñecementos, non podendo supera-las faltas de asistencia un 15% do total da duración de horas lectivas do curso; unha inasistencia superior ó 15%, aínda que sexa xustificada, e a non superación das correspondentes probas de coñecementos, levarán consigo a non expedición do certificado.

Undécima.-Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento dos cursos para adaptalos ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 1997.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade

1181