Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Mércores, 26 de febreiro de 1997 Páx. 1.724

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anuncia o concurso público polo procedemento aberto, trámite de urxencia, para a contratación das obras: reforma e ampliación da residencia da terceira idade Nosa Sra. dos Milagres.

A Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso público para a contratación das obras:

Obra: reforma e aplicación da residencia da 3ª idade Nosa Sra. dos Milagres.

Localidade: Cabeza de Vaca-Barbadás.

Provincia: Ourense.

Número de expediente: 1/1997.

Orzamento de contrata: 34.000.000 de ptas.

Prazo de execución: 6 (seis) meses.

Garantía provisional: 680.000 ptas.

Garantía definitiva. 1.360.000 ptas.

Forma de tramitación: urxente.

Variantes ó proxecto: non se admiten.

Clasificación do contratista: grupo C, subgrupos 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, categoría D.

Exposición da documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares poderán examinarse no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (edificio administrativo San Caetano) e no rexistro xeral das delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

As proposicións económicas: axustaranse ó modelo establecido que figura unido ós pregos de cláusulas administrativas particulares.

Lugar: a presentación de proposicións farase no rexistro xeral da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Ourense, sita na Avda. de Zamora nº 13, de 9 a 14 horas, en sobres pechados ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Data límite de presentación: 13 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

Documentación que integrarán as proposicións: a que se indica no apartado 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación na Avda. Zamora nº 13, Ourense, ás 10 horas do quinto día natural contado a partir do serguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións. No caso de que dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Gastos do anuncio: serán por conta da persoa/s que resulten adxudicatarias.

Ourense, 14 de febreiro de 1997.

Alberto Escobar Veiga

Delegado provincial de Ourense

1360