Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Mércores, 26 de febreiro de 1997 Páx. 1.723

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/338-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública, e aprobación do proxecto de execución das instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A..

Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Punta Río Seco.

Sitación: Moaña.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea núa, a 20 kV, de 302 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde a L.M.T. Cangas-Ratón rematando no C.T. que se proxecta en Punta Río Seco, Concello de Moaña. C.T. de 160 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 95 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z.

Cumprido-los trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, e presentando alegacións a

asociación de veciños O Monte Faro, de Domaio, José Ríos Solla e outros, e José Ríos Palmás e outros, todos eles con data de entrada nesta delegación posterior á de finalización do período de alegacións, polo que non poden estimarse.

Considerando esta delegación que o concello é o órgano competente para determina-lo tipo de solo e o tipo de instalación que vai instalar, e trasladada unha separata do proxecto ó concello, este contesta interpoñendo un condicionado que se lle enviou ó peticionario da instalación emitindo Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. informe favorable.

Esta delegación provincial resolve,

Autorizar, declarar de utilidade pública, e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos reglamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, nun prazo dun mes contado a partir do día da súa recepción.

Pontevedra, 29 de xaneiro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

1382