Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Mércores, 26 de febreiro de 1997 Páx. 1.720

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (497/1994-04).

María Teresa Bouzada Gil, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela e o seu partido, fago saber que neste xulgado se seguen autos de xuízo executivo 497/1994, por instancia do Banco Español de Crédito, S.A., representado pola procuradora Goimil Martínez, contra José Luis Camanzo Gulías e Pilar González Rey, nos que por resolución do día da data se acordou sacar á venda en poxa pública, por primeira vez e polo termo de vinte días, e polo tipo de valoración que se dirá, os seguintes bens:

1. Predio 4.648. Urbano. Número vintenove. Vivenda sinalada coa letra B da planta segunda do portal I, bloque 1-1, pertencente a un edificio con fronte á rúa Rosalía de Castro, avenida da Coruña e rúa dos Feáns desta cidade de Santiago de Compostela, de tres sotos e sete bloques sinalados cos número 1-1, 1-2, 1-3, 2-1, 2-2, 3 e 4. Extensión: cento un metros e noventa decímetros cadrados. Linda: fronte, descanso e caixa de escaleiras e vivenda letra A; fondo, vivenda letra B do portal II; dereita, entrando, partio de luces de descanso de escaleiras; esquerda, avenida de Rosalía de Castro e caixa de escaleiras. Anexo: o rocho número catro. Inscrita no Rexistro da Propiedade, número 2 de Santiago de Compostela, tomo 1.014, libro 56, folio 169, predio 4.648. Valorada en 25.000.000 de ptas.

2. Praza de garaxe sinalada co número 109, situada no solo primeiro dun edificio composto de sete bloques, coa seguinte descrición rexistral:

Predio 6.489. Urbano. Número douscentos noventa e sete. Local de soto primeiro, destinado a oitenta

e nove prazas de garaxe numeradas do setenta e tres ó cento sesenta e un, pertencente a un edificio composto de sete bloques coñecidos como bloques 1-1, 1-2, 1-3, 2-1, 2-2, 3 e 4, con fronte á avenida Rosalía de Castro, avenida da Coruña e rúa dos Feáns desta cidade de Santiago de Compostela. Extensión: dous mil cincocentos trece metros cadrados. Linda: norte, resto do predio matriz, número un, local número douscentos noventa e seis, leste, resto do predio matriz, e oeste, depósito de gasoleo, rampla da rúa Rosalía de Castro e depósito de gasóleo; sur, avenida Rosalía de Castro e depósito de gasóleo, rampla da rúa Rosalía de Castro e casa número 45 desta rúa. Cota de participación: un enteiro, cincocentas cincuenta e cinco milésimas doutro enteiro por cento. Ten acceso de entrada e saída pola rampla da rúa Rosalía de Castro. Valoración: 2.000.000 de ptas.

3. Predio número 20.893. Rústico. Terreo dedicado a monte no sitio de Cima de Xián, en termos de Piñeiro, Silleda, de trece áreas e setenta e cinco centiáreas de superficie, que linda: norte, en liña de vintecinco metros, camiño; sur, en igual lonxitude, o predio matriz; leste, nunha lonxitude de cincuenta e cinco metros, coa número 500 de Clotilde González González e outro e a número 501 de Rogelio González Otero e oeste, en igual lonxitude, o predio matriz. Obra nova: edificio sito no lugar de Piñeiro (Silleda), Cima de Xián, sen número. Ocupa unha extensión superficial de cento dez metros cadrados e componse de soto, planta baixa e faiado. Limita por tódolos ventos co predio no cal está situado. Inscrita no tomo 537, folio 137, folio 27 do Rexistro da Propiedade de Lalín. Valorado en 30.000.000 de ptas.

4. Unha cuarta parte indivisa do inmoble que ten a seguinte descrición: predio número 25.360. Urbano. Local na planta baixa dun edificio sen número na rúa D desta vila e concello de Lalín, para usos comerciais ou industriais, con acceso directo desde a rúa D superficia: douscentos vintecinco metros cadrados. Limita, visto desde a rúa D: fronte, a dita rúa e oco de escaleiras do entresollado, esquerda, entrando, portal número un e oco de escaleiras e predio número tres, dereita rampla de acceso ó predio número un, oco de escaleiras ó entresollado e predio número cinco, espalda, herdeiros de Antonio Abeledo Losada. Ten un patio na súa parte posterior dereita de forma triangular dun metro cadrado. É o local número catro do predio 25.189, folio 167 do tomo 596, inscrición segunda, que é a extensa. Valorado en 2.812.500 ptas.

5. Predio número 27.772. Urbano. Local na planta de semisoto, para usos comerciais ou industriais, do edificio sito na vila de Lalín, con fachadas ás rúas José Antonio e rúa 0, con acceso directo desde a rúa 0 e polo camiño do vento oeste da totalidade do edificio. Ocupa unha superficie de oitenta e seis

metros cadrados e linda: fronte ou leste, corredor de uso común; dereita, entrando, local desta planta, predio número nove e oco das escaleiras do portal número tres; esquerda, vóos do curral da casa dos herdeiros de Celso Martínez Lamas; e fondo, local número dez. A súa cota de participación é de: dous con trinta e oito centésimas. É o local número once do predio 27.761, inscrito no folio 81 deste tomo, inscrición segunda, que é a extensa. Inscrita no tomo 647, libro 211, folio 97, predio 27.772. Valorada en 4.300.000 ptas.

A poxa terá lugar na sala de audiencia de este xulgado, sito no polígono das Fontiñas, rúa de Viena, s/n desta cidade, o día 7 de abril de 1997, ás 10 horas, baixo as seguintes condicións:

Primeira.-Nos remates non se admitirán ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da avaliación.

Segunda.-Para tomar parte na poxa deberán os licitadores consignar previamente, no establecemento destinado para o efecto, unha cantidade igual, polo menos, ó 20% efectivo do valor dos bens que sirva de tipo para a poxa, requisito sen o cal non serán admitidos.

Cuarta.-Só o executante poderá facer ofertas a calidade de cede-lo remate a un terceiro.

Quinta.-En tódalas poxas desde o anuncio ata a súa celebración se poderán facer ofertas por escrito en prego cerrado, depositando na mesa do xulgado xunto a aquel o importe de consignacións.

Sexta.-Que, por instancia do acredor, se sacan os bens a poxa pública sen suplir previamente a falta de títulos.

Sétima.-Que as cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber ó crédito do demandante, continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogada na responsabilidade deles, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

En prevención de que non houbese licitadores na primeira poxa, sinálase para a segunda, con rebaixa do 25% da primeira. O día 12 de maio de 1997, debendo consignar previamente o 20% do tipo desta segunda poxa, sinálase para a terceira o día 16 de xuño de 1977, sen suxeición a tipo, debendo consignarse previamente o 20% do tipo de segunda poxa.

Em Santiago de Compostela o dezaseis de xaneiro de mil novecentos noventa e sete.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

97-1364