Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Mércores, 26 de febreiro de 1997 Páx. 1.719

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLO DE UNIVERSIDADES

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 1997, da Secretaría Xeral do Consello de Universidades, pola que se anuncia a data na que se celebrarán os sorteos para designa-los vocais que integran as comisións que xulgarán os concursos para a provisión de vacantes de corpos docentes universitarios que se citan.

Convocadas a provisión as prazas dos corpos docentes universitarios que se relacionan no anexo e dándolle cumprimento ó disposto no artigo 6 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro (BOE do 26 de outubro), no artigo 1 do Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño (BOE do 11 de xullo) e no artigo 17, e) do Real decreto 552/1985, do 2 de abril (BOE do 27).

Esta secretaría xeral resolveu sinala-la celebración dos sorteos correspondentes ás prazas sinaladas no citado anexo, co fin de designa-los membros das

comisións que deben ser elixidos por este procedemento, para o día 13 de febreiro de 1996, ás dez horas. Os sorteos realizaranse polo sistema informático aprobado pola Comisión Académica do Consello de Universidades na súa sesión do 5 de xuño de 1985, de modo secuencial, segundo a orde en que figuran relacionados no anexo citado.

Os sorteos celebraranse na sede do Consello de Universidades (Cidade Universitaria, sen número, 28040 Madrid).

Para os efectos previstos no artigo 1 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, a partir da data da presente resolución faranse públicas as relacións dos profesores que participarán nos sorteos no Consello de Universidades.

Das citadas relacións e no momento do sorteo serán excluídos aqueles profesores que:

-Pertenzan á mesma universidade á que corresponda a praza.

-Fosen designados para formar parte da comisión titular pola universidade á que corresponda a praza.

-Sexan aspirantes e pertenzan á mesma área de coñecemento á que corresponda a praza.

As reclamacións contra as referidas relacións formularanse antes do día 1 de marzo de 1997, dirixidas á Secretaría Xeral do Consello de Universidades (Cidade Universitaria, sen número, 28040 Madrid).

Nos concursos nos que non existan profesores abondos do corpo e área de coñecemento a que corresponda a praza, aplicarase o disposto no artigo 1 do Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, que modifica o artigo 6.9º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Madrid, 7 de febrero de 1997.

Francisco Michavila

Secretario xeral do Consello

de Universidades

Sr. Vicesecretario Xeral do Consello de Universidades

ANEXO

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

* Concursos convocados por resolución da universidade do 17-7-1996. (BOE do 14-8-1996).

Concurso nº: 41.

Nº sorteo: 32107.

Corpo: catedráticos de universidade.

Área de coñecemento: psicoloxía evolutiva e da educación.

Presidente titular: Agustín Dosil Maceira.

Vocal secretario titular: Miguel Ángel Pérez Pereira.

* Concursos convocados por resolución da universidade do 26-7-1996. (BOE do 19-8-1996).

Concurso nº: 51.

Nº sorteo: 32108.

Corpo: catedráticos de universidade.

Área de coñecemento: química física.

Presidente titular: Xosé Luis Armesto Barbeito.

Vocal secretario titular: Miguel Ángel Rios Fernández.

Concurso nº: 52.

Nº sorteo: 32109.

Corpo: catedráticos de universidade.

Área de coñecemento: personalidade, avaliación e tratamento psicolóxico.

Presidente titular: Francisco Labrador Encinas.

Vocal secretario titular: José Antonio Carrobles e Isabel.

909