Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Mércores, 26 de febreiro de 1997 Páx. 1.697

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 30 de xaneiro de 1997 pola que se lle concede autorización definitiva ó centro privado Luis Vives, de Barbadás (Ourense).

Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado Luis Vives, de Ourense, en solicitude de autorización definitiva, por cambio de domicilio e traslado de instalacións, do dito centro.

Resultando que o devandito centro privado obtivo, por Orde do 30 de xaneiro de 1974, a clasificación condicionada para 8 unidades de educación xeral básica e 1 unidade de educación preescolar nas rúas Padre Feijóo, 17 e avenida de Portugal, 210 de Ourense.

Resultando que, por Resolución do 19 de febreiro de 1996, ó citado centro privado foille aprobado o proxecto para a realización de obras conducentes á obtención da autorización definitiva para 6 unidades de educación infantil, 12 unidades de educación primaria e 12 unidades de educación secun

daria obrigatoria na rúa Aira de Fonsillón, 4 de Barbadás (Ourense).

Resultando que, segundo o informe da unidade técnica, as obras se remataron de acordo co proxecto aprobado.

Vistos a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (BOE do 4), o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro), pola que se desenvolve o antedito decreto.

Considerando que o centro que se expresa, á vista dos informes emitidos pola Unidade Técnica e Inspección de Educación da Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Ourense e de acordo coas disposicións vixentes na materia, acredita cumpri-los requisitos establecidos para o efecto.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Condede-la autorización definitiva do centro privado concertado Luis Vives de Barbadás (Ourense) coa composición que figura no anexo da presente orde, quedando nulas e sen ningún efecto as disposicións que autorizan o funcionamento do centro nas rúas Padre Feijóo, 17 e avenida de Portugal, 210 de Ourense.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia de Ourense.

Concello: Barbadás.

Localidade: Barbadás.

Enderezo: Aira de Fonsillón, 4.

Denominación: Luis Vives.

Titular: Luis Vives-Ourense, Sociedad Cooperativa Limitada.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 6 unidades.

b) Centro de educación primaria: 12 unidades.

c) Centro de educación secundaria obrigatoria: 12 unidades.

1288