Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Mércores, 26 de febreiro de 1997 Páx. 1.696

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 23/1997, do 30 de xaneiro, polo que se regula o réxime xurídico das xuntas electorais intervenientes nas eleccións a cámaras agrarias.

Advertidos erros no texto do devandito decreto publicado no Diario Oficial de Galicia, número 30,

do xoves 13 de febreiro de 1997, procede efectua-las oportunas correccións:

-Na páxina 1.364, columna da esquerda, artigo 7º, apartado 1), onde di: «As xuntas electorais provinciais constituiranse o terceiro día seguinte a convocatoria das eleccións...», debe dicir: «As xuntas electorais provinciais constituiranse ó terceiro día seguinte á convocatoria das eleccións...».

-Na mesma páxina, columna da dereita, artigo 7º, apartado 3), onde di: «... cando o carácter xeral o faga conveniente.», debe dicir: «... cando o carácter xeral das mesmas o faga conveniente».

-Na mesma páxina, columna da dereita, artigo 8º, apartado 6), once di: «e desenvolvido por medio de orde do conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes...», debe dicir: «... e instrumentado por medio de orde do conselleiro de Agricultura, Gandería e montes...».

Corrección de erros.-Decreto 23/1997, do 30 de xaneiro, polo que se regula o réxime xurídico das xuntas electorais intervintes nas eleccións a cámaras agrarias.

1103