Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Martes, 25 de febreiro de 1997 Páx. 1.688

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ACORDO do 3 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica o inicio do expediente sancionador coa referencia Secretaría 311/1996.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se indica, o acordo de inicio de expediente sancionador contra ela instruído pola Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña, por incumprimento do R.D. 1945/1983, do 22 de xuño, no que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

A partir do día seguinte á publicación deste acordo, en virtude do disposto no Art. 24.2 do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto (Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora), dispón do prazo de 10 días para presentar alegacións; no caso de non presentalas e conforme o artigo 13.2º do devandito R.D. 1398/1993, o inicio poderá considerarse proposta de resolución.

Expediente: Secretaría 311/1996.

Denunciado: Pose Castro, Enrique.

DNI: 32.414.520-E.

Razón social: Café Bar Arenal, 1.

Último enderezo coñecido: Concepción Arenal, 6. A Coruña.

Cualificación da infracción: leve.

Importe da sanción: poderá chegar ata a contía de 500.000 ptas.

A Coruña, 3 de febreiro de 1997.

Diego Bernal Llorente

Delegado provincial da Coruña

1062