Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Martes, 25 de febreiro de 1997 Páx. 1.685

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/165-1).

Visto o expediente para aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T. e C.T. en Urb. Fonte Espiño.

Situación: Oleiros.

Descricións técnicas: liña de media tensión subterránea (L.M.T.) en dobre circuíto a 15/20 kV, de 665 m de lonxitude en conductor R.H.V. de 150 mm Al, que parte da L.M.T. Lamastelle-Mera-Sada final no centro de transformación que se vai construír na urbanización Fonte do Espiño, de 400 kVA a 15 kV-B2. Municipio de Oleiros.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 28 de xaneiro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

97-1036