Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Martes, 25 de febreiro de 1997 Páx. 1.685

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/296-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: modificado III L.M.T. subes. Cabana-Vilariño-Ponteceso.

Situación: municipio de Ponteceso.

Características técnicas: L.M.T. a 20 kV de 646 m de lonxitude con orixe na subestación de Cabana e final no apoio número 7. L.M.T. a 20 kV de 2.386 m de lonxitude, con orixe no apoio número 7 e final no apoio número 13, cambio aéreo subterráneo. L.M.T. subterránea a 20 kV de 1.060 m de lonxitude, de enlace, con orixe no apoio número 13 e final no apoio que se vai instalar na L.M.T. Ponteceso-Malpica. Municipio de Ponteceso.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 23 de xaneiro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

1039