Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Martes, 25 de febreiro de 1997 Páx. 1.672

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 7 de febreiro de 1997 pola que se declara de interese galego a Fundación Regino Giráldez Boo y Mª Carmen Groba Varela e se inscribe no rexistro de fundacións deste protectorado.

Visto o expediente tramitado a instancia da Fundación Regino Giráldez Boo y Mª Carmen Groba Varela para a súa declaración de interese galego e a conseguinte inscrición no Rexistro de Fundacións da Xunta de Galicia.

Resultando que a Consellería da Presidencia e Administración Pública, por Orde do 25 de novembro de 1996 (DOG nº 246, do 18 de decembro de 1996), clasificou como benéfico-docente a citada fundación e adscribiuna á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Vista a Lei 7/83, de 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, modificada pola Lei

11/91, do 8 de novembro, de reforma da Lei 7/83; así como, o Regulamento de organización e funcionamento do Protectorado das Fundacións de Interese Galego, aprobado polo Decreto 248/1992, do 18 de xuño, e demáis disposicións de xeral e pertinente aplicación, e máis concretamente as normas básicas contidas na Lei 30/1994, do 24 de novembro, de fundación e de incentivos fiscais á participación privada en actividades de interese xeral.

Considerando que a correspondente escritura fundacional e de aprobación dos estatutos son conformes co establecido nos artigos 5, 6 e 7 da Lei 7/83, de 22 de xuño, (DOG nº 89, do 20 de xullo de 1983), e coas demais disposicións aplicables.

Considerando que os fins e demais elementos organizativos da Fundación Regino Giráldez Boo y Mª Carmen Groba Varela cumpren os requisitos e condicións sinalados nos artigos 1 e 13 da citada Lei 11/1991, (DOG nº 219, do 12 de novembro de 1991), para a súa declaración de interese galego; así como, coas condicións básicas determinadas na devandita Lei 30/1994.

Considerando que as persoas lexitimadas para iso promoveran o presente expediente, e que na súa tramitación se cumpriron os requisitos legais e regulamentarios esixidos tanto pola lexislación autonómica en materia de fundacións de interese galego, coma polas normas básicas establecidas na Lei 30/1994.

Esta consellería, consonte o disposto no artigo 32.3 do devandito regulamento, logo do informe da Asesoría Xurídica deste departamento,

RESOLVE:

Primeiro.-Declarar de interese galego a Fundación Regino Giráldez Boo y Mª Carmen Groba Varela, coa conseguinte aprobación dos estatutos de seu e dos demais aspectos recollidos na orde de clasificación publicada no DOG do 27 de marzo de 1996.

Segundo.-Ordena-la súa inscrición no Rexistro Auxiliar de Fundacións deste protectorado, logo da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia; tendo esta publicación e inscrición o carácter constitutivo que determinan os artigos 33.3 do Decreto 248/1992 e o 8 da Lei 7/83, así como o artigo 3 da referida Lei 30/1994.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

1174