Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Luns, 24 de febreiro de 1997 Páx. 1.657

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas dos contratos administrativos que se citan.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo a Orde do 13 de decembro de 1993, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

-Asistencia técnica para inventario e caracterización de vertidos de Galicia-costa nas concas dos ríos Mero, Mandeo, Eume, Belelle e Grande de Xubia.

Adxudicatario: (UTE) Visible, S.L. e Ingeniería de Vertidos, S.L.

Orzamento: 20.754.962 ptas.

-Asistencia técnica para redacción do proxecto do saneamento integral do fondo da ría de Vigo.

Adxudicatario: Ingeniería del Noroeste, S.L.

Orzamento: 20.255.990 ptas.

-Asistencia técnica para a realización da tramitación técnica dos expedientes de aproveitamentos de auga nas concas de Galicia-costa sur.

Adxudicatario: Segurpresa.

Orzamento: 50.982.175 ptas.

-Captación de mananciais para a traída de augas de Mosende (O Porriño-Pontevedra).

Adxudicatario: Movex vial, S.L.

Orzamento: 6.062.724 ptas.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase e advírtese que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora de xurisdicción contencioso-administrativa.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e 119 do regulamento.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

1060