Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Luns, 24 de febreiro de 1997 Páx. 1.656

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 1997, da Xefatura Provincial de Estradas de Lugo, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación e se somete a información pública a relación de propietarios afectados polas obras de corredor de alta velocidade Chantada-Monforte de Lemos, treito: Escairón-Monforte de Lemos, concello de Monforte de Lemos, clave: N/LU/85.2.1.4.

Por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas da Xunta de Galicia con data 23 de outubro de 1996, foi aprobado o proxecto das obras de corredor de alta velocidade Chantada-Monforte de Lemos, treito Escairón-Monforte de Lemos, concello de Monforte de Lemos, clave: N/LU/85.2.1.4.

En acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia o día 31 de outubro de 1996, declárase urxencia para efectos de aplicación do procedemento que regula o artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do

16 de decembro de 1954 , a ocupación de bens e dereitos afectados polo dito proxecto.

Para tal efecto convócanse os propietarios e titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do Concello de Monforte de Lemos e na Delegación Provincial de Lugo, para que comparezan no lugar, día e hora que se detalla a continuación, co fin de proceder ó levantamento de actas previas á ocupación, que recollerán os datos necesarios para a determinación dos dereitos afectados, os seus titulares e o valor daqueles, sen prexuízo de se trasladaren ó lugar dos predios se o considerase necesario.

Lugar: Casa do Concello de Monforte de Lemos.

Horario: de 9 horas a 14 horas.

Día : 25 de febreiro de 1997, de : Álvarez Gallego, María a Díaz Tuñon, Antonio.

Día : 26 de febreiro de 1997, de : Fernández Carballada, Pacita a Otero Rodríguez, Amalia.

Día: 27 de febreiro de 1997, de: Otero Rodríguez, Carmen a Rodríguez Martínez, Pacita.

Día: 28 de febreiro de 1997, de: Rodríguez Nogueira, Dolores a Vilariño López, Benigno.

Ó devandito acto deberán acudi-los titulares afectados persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución; poderán acompañarse, pola súa costa, se o consideraren oportuno, dos seus peritos e un notario.

Tendo en conta estes antecedentes e en cumprimento do establecido no artigo 17, parágrafo 2º da Lei de expropiación forzosa, ábrese a información pública ata o momento do levantamento da acta previa á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito ante a Xefatura Provincial de Estradas da Xunta de Galicia sita na Ronda da Muralla nº. 131, 27001, Lugo, as alegacións que estimen pertinentes co obxecto de emendar posibles erros que se producisen ó relaciona-los propietarios afectados.

Lugo, 7 de febreiro de 1997.

José Antonio Cobreros Aranguren

Enxeneiro xefe provincial de Estradas de Lugo

1013