Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Luns, 24 de febreiro de 1997 Páx. 1.655

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 1997, da Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre O Carballiño e Forcarei, con anexos, por substitución da concesión V-0125; XG-006, entre O Carballiño e Doade, con anexos.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data do 12 de decembro de 1996, resolveu outorgar con carácter definitivo á Empresa Montañesa, S.L. a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre O Carballiño e Forcarei, con anexos, por substitución da concesión V-0125; XG-006, entre O Carballiño e Doade, con anexos, de acordo, entre outras, coas seguintes condicións particulares:

I. Itinerarios e puntos de parada.

* O Carballiño, Ponte Toscaña, Godás, encrucillada de Moldes, Sande, Almuzara, Brués, Puzos, Costiñas, Besada, Magros, Beariz, Bouza, Doade, Abeleira, San Domingo, Devesa de Arriba, Penalba, Pousada, Pardesoa, Sisto, Soutelo de Montes, San

guñedo, Vilariño, Fixo, Canivelas, Porto, Loureiro e Forcarei.

* Godás e O Carballiño.

* Besada, Vilachá, Saa, Albarellos, Sobredo, Vilanova, Cameixa, Salceda, Boborás e Almuzara.

* Cameixa, Figuiroa, Laxas, Parada e Vilanova.

* Puzos, Curro, Becoña e Moreiras.

* Becoña e Gabián.

* Boborás, Grova, Liñariños, Pazos, Salón e Sobredo.

* Grova, Laxa, Moldes e Encrucillada de Moldes.

* Beariz, Muradás e Lebozán.

II. Prohibicións de tráfico.

* De Beariz para Soutelo de Montes e Forcarei e viceversa.

* De Soutelo de Montes para Forcarei e viceversa.

* De Soutelo de Montes para o tramo Brués-O Carballiño e viceversa.

III. Expedicións e calendario.

Abeleira-O Carballiño por Doade, Beariz, Lebozán, Beariz, Magros, Besada (Feás), Sobredo, Cameixa e Boborás (47,9 km).

-Unha expedición de ida e volta de luns a sábados laborables.

Besada (Feás)-O Carballiño por Brués (18,5 km).

-Unha expedición de ida e volta de luns a sábados laborables.

O Carballiño-Brués-Feás-Albarellos-Vilanova-Cameixa-Carballiño (circular) (42,3 km).

-Unha expedición os días laborables.

Parada-O Carballiño por Laxas e Almuzara (13,2 km).

-Unha expedición de ida e volta os martes laborables.

Beariz-O Carballiño por Magros, Costiñas (Feás), Brués e Almuzara (32,3 km).

-Unha expedición de ida e volta os días lectivos.

Boborás-O Carballiño por Almuzara (8 km).

-Unha expedición de ida e volta os días lectivos.

Beariz-Forcarei por Doade, Abeleira, Soutelo de Montes, Vilariño, Canivelas e Espindo (31 km).

-Unha expedición de ida e volta os martes e venres laborables.

-Unha expedición de ida e volta os días de feira en Forcarei.

Puzos-Becoña-Gabián-Becoña-Moreiras (7,4 km).

-Unha expedición de ida e volta os luns e xoves laborables.

-Unha expedición de ida e volta os días de feira no Carballiño (días 16 e último de cada mes ou véspera cando estes sexan domingo ou festivo).

Puzos-Becoña-Moreiras (4,4 km).

-Unha expedición de ida e volta os luns laborables, que non coincidan con días de feira no Carballiño.

Puzos-Becoña-Gabián (4,6 km).

-Unha expedición de ida e volta os xoves laborables, que non coincidan con días de feira no Carballiño.

Salón-O Carballiño por Pazos, Boborás e Moldes (18,05 km).

-Unha expedición de ida e volta os martes e os venres laborables.

O Carballiño (estación de autobuses)-O Carballiño (instituto de bacharelato).

-Unha expedición de ida e volta os días lectivos.

O Carballiño (estación de autobuses)-O Carballiño (instituto F.P.).

-Dúas expedicións de ida e volta os días lectivos.

O Carballiño a outras localidades.

-Unha expedición os días de feira no Carballiño (días 16 e último de cada mes ou véspera cando estes sexan domingos ou festivos), entre as seguintes localidades:

* Parada-O Carballiño (ida e volta).

* Brués-O Carballiño por Almuzara (ida e volta).

* Feás-O Carballiño por Brués e Almuzara.

* Sobredo-O Carballiño por Vilanova, Cameixa e Boborás.

IV. Tarifas.

Tarifa aplicable:

-Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 8,3600 pesetas.

-Tarifa usuario: 8,9452 pesetas.

-Exceso de equipaxes e encargos: 1,2540 pesetas.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 1997.

Emilio García Gallego

Director xeral de Obras Públicas e Transportes

1388