Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Luns, 24 de febreiro de 1997 Páx. 1.654

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (304/1995).

No Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela tramítanse, co número 304/1995, autos do procedemento do artigo 131 da Lei hipotecaria, por instancia de Banco Hipotecario de España, representado pola procuradora Losada Gómez, contra Vicente Martínez Gascón e María Dolores Selles Ferreiro, que tiveron o seu domicilio na rúa Espiñeira número 4-1º desta cidade, e actualmente en paradoiro descoñecido. E por medio da presente cédula fáiselles saber que na terceira poxa, celebrada na sala de audiencia deste xulgado o día 16 de decembro de 1996, a parte demandante

fixo a oferta de 14.760.000 pesetas polo predio obxecto de poxa, que se describe así:

Vivenda unifamiliar en construcción, da parcela número 27, sita na urbanización Pego Porto-Ameneiro, parroquia de Oza, concello de Teo. Predio número 18351, inscrito no tomo 536, libro 174, de Teo, folio 218, inscrición 4ª do Rexistro da Propiedade de Padrón.

E como a oferta formulada pola parte demandante non alcanza o tipo sinalado para a segunda poxa, fáiselles saber ós referidos demandados que dentro do termo de nove días a partir da publicación da presente cédula poderán mellora-la dita oferta, segundo prevén a regra 12ª do artigo 131 da Lei hipotecaria.

E para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, expídese a presente cédula en Santiago de Compostela, trece de xaneiro de mil novecentos noventa e sete.

A secretaria

Rubricado

1015