Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 1997 Páx. 1.633

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 1997 pola que se anuncia concurso aberto e tramitación urxente para o outorgamento da concesión das instalacións da lonxa do porto de Muros para a prestación do servicio de lonxa.

1.-Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Ente Público Portos de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente:

c) Número do expediente: 12-38-97-C01

2.-Obxeto do contrato.

a) Descrición do obxecto: o obxecto do concurso é o outorgamento da concesión das instalacións da lonxa do porto de Muros para a prestación do servicio da lonxa.

b) Lugar da concesión: Muros.

c) Prazo da concesión: cinco (5) anos.

3.-Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4.-Canon de explotación.

Importe total: 595.683 ptas.

5.-Garantías.

Provisional: 59.568 ptas.

Definitiva: 297.842 ptas.

6.-Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Ente Público Portos de Galicia.

b) Domicilio: Praza de Europa, 5 A -6º (Área Central).

c) Localidade e código postal. Santiago de Compostela. 15707.

d) Telefóno: (981) 54 45 02.

e) Telefax: (981) 54 53 47.

f) Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7.-Requisitos específicos do contratista:

8.-Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día hábil seguinte.

b) Documentación que integrará as ofertas: segundo o indicado no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Ente Público Portos de Galicia.

2ª Domicilio: praza de Europa, 5 A -6º (Área Central).

3ª Localidade e código postal. Santiago de Compostela. 15707.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: corenta e cinco (45) días desde a apertura das ofertas.

9.-Apertura das ofertas:

a) Entidade: ente público Portos de Galicia.

b) Domicilio : Praza de Europa, 5ª -6º (Área Central).

c) Localidade: Santiago de Compostela, 15707.

d)Data: o décimo día natural seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o día hábil seguinte.

e) Hora: 9 horas.

10.-Outras informacións.

11.-Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 1997.

Emilio García Gallego

Presidente do Ente Público Portos de Galicia

908