Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 1997 Páx. 1.632

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 1997 pola que se fan públicas as resolucións de outorgamento de concesións en terreos de dominio público portuario que se citan.

Cumprido-los trámites previstos na Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, na Lei 22/1988, de costas, no seu regulamento, aprobado polo Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, e nas demais normas de procedente aplicación, acordouse en virtude das atribucións delegadas por orde do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 29 de xaneiro de 1996, outorgar por resolución que pon fin á vía administrativa, as concesións de dominio público portuario que a continuación se citan, coa suxeición ás condicións estipuladas naqueles actos.

Resolución: 23-7-1996.

Obxecto: traslado e ampliación de surtidor de combustible en Ribeira.

Porto: Ribeira.

Adxudicatario: Repsol Comercial de Productos Petrolíferos, S.A.

Prazo: 15 anos.

Resolución: 9-9-1996.

Obxecto: edificio polivalente para usos mariños e terrestres.

Porto: Escarabote.

Adxudicatario: Concello de Boiro.

Prazo: 15 anos.

Resolución: 15-10-1996.

Obxecto: taller para construcción e reparación de buques.

Porto: Celeiro.

Adxudicatario: Talleres Celeiro, S.A.L.

Prazo: 15 anos.

Resolución: 7-11-1996.

Obxecto: uso dunha instalación de toma e bombeo de auga de mar.

Porto: Ribadeo.

Adxudicatario: José Nistal Paleo.

Prazo: ata o 18-2-2002.

Resolución: 2-12-1996.

Obxecto: legalización da construcción dun bar para servicio dos mariñeiros.

Porto: Aldán.

Adxudicatario: Diego Bermúdez Lemos.

Prazo: 10 anos.

Resolución: 15-1-1997.

Obxecto: ocupación de local destinado a oficinas.

Porto: Corme.

Adxudicatario: confraría de pescadores de Corme.

Prazo: 20 anos.

Resolución: 15-1-1997.

Obxecto: nave para almacén e usos deportivos.

Porto: Noia.

Adxudicatario: Clube do Mar de Noia.

Prazo: 15 anos.

O que se fai público para o xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 1997.

Emilio García Gallego

Presidente do Ente Público Portos de Galicia

1196