Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 1997 Páx. 1.628

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia a licitación polo sistema de concurso aberto da asistencia técnica consistente na contratación de dous (2) helicópteros con destino a vixilancia, detección e dirección de incendios forestais durante o ano 1997 (0704).

A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de concurso aberto:

Obxecto: contratación de dous (2) helicópteros con destino a vixilancia, detección e dirección de incendios forestais durante o ano 1997 (0704), de acordo cos proxectos e pregos aprobados para iso.

Orzamento de licitación: trinta e seis millóns de pesetas (36.000.000 de ptas.).

Fianza provisional: setecentas vinte mil pesetas (720.000 ptas.).

Fianza definitiva: un millón catrocentas corenta mil pesetas (1.440.000 ptas.).

Clasificación: grupo III, subgrupo 9, categoría D.

Prazo de execución: do 1 de xullo ata o 30 de setembro de 1997.

Exposición do proxecto e pregos: o proxecto, así como o prego de cláusulas administrativas particulares, estarán a disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as proposicións serán entregadas no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, antes das 14 horas do día 24 de marzo de 1997.

A apertura de proposicións terá lugar o día 2 de abril de 1997, ás 13 horas, na sala B de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública, situada no semisoto do edificio central de San Caetano, Santiago de Compostela.

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993, DOG nº 239, 14-12-1993)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

1025