Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 1997 Páx. 1.628

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se fai pública a adxudicación do concurso aberto para a contratación da asistencia técnica consistente no servicio de limpeza en varios locais da delegación desta consellería en Lugo no ano 1997, distribuído en 5 lotes.

Por Resolución do 3 de decembro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, anunciouse o citado concurso aberto.

Cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa, o titular da consellería resolveu adxudicárlle-la asistencia técnica ás empresas:

Lote 1:-Ronda da Muralla, 197 (antigo Seminario Menor), edificio de planta baixa e tres plantas máis, así como planta soto, onde está o arquivo da delegación. Superficie 4.467 m.

Limpezas Novoa, S.A., importe de adxudicación: 1.914.000 pesetas.

Lote 2:-Avda. de Madrid, s/n, en Lugo (edificio de planta baixa e tres plantas máis, onde se atopa o Laboratorio Rexional de Sanidade Animal). Superficie 2.328,76 m.-Fontao-Esperante (Lugo), onde se atopan as oficinas do CENSYRA. Superficie 690 m.

Limpiezas del Noroeste, S.A. (LINORSA), importe de adxudicación: 3.177.936 pesetas.

Lote 3:-Rúa Cardenal, 45, en Monforte de Lemos (onde se atopan as oficinas da Axencia de Extensión Agraria). Superficie 85 m.

Limpiezas del Noroeste, S.A. (LINORSA), importe de adxudicación: 321.552 pesetas.

Lote 4:-Praza de España, 1, en Chantada (onde se atopan as oficinas de Extensión Agraria). Superficie 250 m.

Limpiezas del Noroeste, S.A. (LINORSA), importe de adxudicación: 307.632 pesetas.

Lote 5:-Rúa Generalísimo, 47-29, en Meira (onde se atopan as oficinas de Extensión Agraria). Superficie 125 m.-Avda. da Coruña, 21 B, en Friol (onde se atopan as oficinas de Extensión Agraria). Superficie 74 m.-Rúa Bispo Solís, 22, en Mondoñedo (onde se atopan as oficinas de Extensión Agraria). Superficie 130 m.

Limpiezas del Noroeste, S.A. (LINORSA), importe de adxudicación: 918.720 pesetas.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993, DOG nº 239, 14-12)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

1215