Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 1997 Páx. 1.623

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/336-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

-Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

-Enderezo social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

-Denominación: L.M.T. Carril II.

-Situación: Vilagarcía de Arousa.

-Descricións técnicas:

Tramo I- L.M.T., aérea núa, a 20 kV, de 1.195 m de lonxitude, con conductor tipo L.A.-110, sobre apoios de formigón e metálicos, desde o apoio n. 1 (remate da L.M.T. subterránea que se proxecta) ata a L.M.T. Vilagarcía de Arousa-Catoira.

Tramo II- L.M.T. subterránea, a 20 kV, de 1.222 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a subestación Carolinas ata a L.M.T. aérea que se proxecta Carril II. Concello de Vilagarcía de Arousa.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/66, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial,

RESOLVE:

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Pontevedra, 22 de xaneiro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

516