Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 1997 Páx. 1.623

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/334-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución das instalación eléctrica que a continuación se detalla:

-Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

-Enderezo social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

-Denominación: L.M.T. Subestación Silleda-Bandeira.

-Situación: Silleda.

-Descricións técnicas: L.M.T., aérea núa, a 20 kV, de 4.767 m de lonxitude, con conductor tipo LA-110 sobre apoios de formigón e metálicos, desde o apoio 14 da L.M.T. Bandeira rematando na subestación de Silleda. Concello de Silleda.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/66, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial,

RESOLVE:

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Pontevedra, 22 de xaneiro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

887