Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 1997 Páx. 1.613

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

EDICTO do 4 de febreiro de 1997, da Delegación Territorial da Coruña, polo que se fan públicas as notificacións a diversos contribuíntes (Rosa Conde Botana e douscentos cinco máis) das liquidacións practicadas.

Non sendo atopados nos respectivos domicilios coñecidos por esta delegación de Economía e Facenda e, por conseguinte, sen se poder levar a efecto a notificación pretendida ós contribuíntes que a seguir se relacionan, por medio do presente edicto e de conformidade co artigo 103 do Regulamento xeral de recadación, notifícaselles que, sendo expedido polo órgano competente título executivo que acredita que a débeda non foi satisfeita no prazo de ingreso voluntario, a Tesourería desta delegación acordou liquida-lo recargo de constrinximento polo 20% das débedas pendentes e dictar providencias

para que se proceda executivamente contra o patrimonio dos debedores ou as garantías existentes, no caso de que no prazo que se indica a continuación, determinado no artigo 108 do Regulamento xeral de recadación, no efectúen no Tesouro da Facenda galega o ingreso da débeda tributaria polas liquidacións practicadas ós devanditos interesados e correspondentes ós impostos, anos e contías que se citan.

Formas de realiza-lo ingreso:

-Mediante OBRIGA DE PAGAMENTO, en calquera banco ou caixa de aforros autorizados (entidades colaboradoras) do ámbito da delegación que practica esta liquidación.

-Na caixa desta delegación de Economía e Facenda:

1) En metálico.

2) Por cheque ou talón de conta corrente bancaria ou da caixa de aforros, conformado.

Prazos para efectua-lo ingreso (artigo 108 do Regulamento xeral de recadación):

As débedas entenderanse notificadas o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

a) Se a publicación se realiza entre os días 1 e 15 de cada mes, ata o 20 do dito mes ou o inmediato hábil posterior.

b) Se a publicación se realiza entre os días 16 e último de cada mes, ata o 5 do mes seguinte ou o inmediato hábil posterior.

Recursos e suspensións

-Tributos cedidos:

-Recurso de reposición no prazo de quince días ante a dependencia de recadación, ou

-Reclamación económica-administrativa no prazo de quince días ante o Tribunal Económico-Administrativo Rexional de Galicia.

Ámbolos dous recursos non poderán simultanearse.

-Tributos e outros recursos propios:

-Recurso de reposición no prazo de quince días ante a dependencia de recadación, ou

-Reclamación económica-administrativa no prazo de quince días ante o Tribunal Económico-Administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia.

Ámbolos dous recursos non poderán simultanearse.

Os expedintes encóntranse á disposición dos interesados na Tesourería desta delegación.

A Coruña, 4 de febreiro de 1997.

P.S.

Enrique Fernández Arias

Secretario da Delegación Territorial da Coruña

97-8882